CCD Curtis
Coordenadas: 43°07′53″N 8°08′37″O / 43.13129, -8.14351
CCD Curtis | ||
---|---|---|
Nome | Centro Cultural e Deportivo de Curtis | |
Alcume(s) | CCDC | |
Fundación | 1967 | |
Estadio | Campo Lucas Vázquez (até 2016 denominado Campo Novo), Bodeus, Curtis, A Coruña, Galicia | |
Inauguración | anos 1970 | |
Capacidade | - | |
Adestrador | José Antonio Miguélez | |
Liga | 3ª Autonómica – Grupo 3 | |
2021/22 | 11º | |
Vestimenta | Joma | |
Patrocinador | Losán | |
Na rede | ||
http://curtisccd.blogspot.com.es | ||
| ||
O Centro Cultural e Deportivo de Curtis é un club de fútbol do concello de Curtis, na provincia da Coruña. Fundado en 1967 xoga como local no Campo Lucas Vázquez.[1]
Historia[edit | edit source]
As orixes do fútbol en Curtis están en 1934, cando un equipo da localidade gañou unha competición ao desaparecido Compostela Sociedad Cultural. Na década de 1940 o equipo xogaba no Campo da Feira, actual Campo da Festa.
En 1967 nace o actual club. Nos comezos as cores do equipo eran a vermella e a branca en franxas verticais. Deseño que variaría cos anos a outro axadrezado cas mesmas cores vermella e branca. Na década de 1970 o club mercoulle a Tomás do Santo un prado no lugar de Bodeus por 50.000 pesetas. Así nacía o Campo Novo, que en 2016 pasou a levar o nome de Lucas Vázquez[2] na honra do internacional madridista nacido en Curtis.
En novembro de 2010 inaugurouse o campo de herba artificial nun partido entre os veteranos do Deportivo da Coruña e unha selección de xogadores dos cinco equipos federados de Curtis. Este foi o primeiro partido en que xogaron xuntos xogadores de todo o concello. Arsenio Iglesias fixo o saque de honra[3].
Himno[edit | edit source]
Campo novo de Curtis |
Superficie |
Herba artificial |
Medidas |
92 m x 65 m |
Equipo local |
CCD Curtis |
Para a celebración dos 45 anos do club o músico e artista Xosé Casal de Vilasantar creou o himno.[Cómpre referencia]
Datos do club[edit | edit source]
Historial na liga[edit | edit source]
|
Galería de Imaxes[edit | edit source]
Notas[edit | edit source]
- ↑ El pleno de Curtis aprobará hoy dar el nombre de Lucas Vázquez al campo de fútbol .laopinioncoruna.es
- ↑ "El campo de Curtis llevará el nombre de Lucas Vázquez". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-12-14. Consultado o 2018-08-09.
- ↑ "Inauguración del campo de fútbol de Curtis" Arquivado 24 de marzo de 2014 en Wayback Machine., artigo en El Correo Gallego, 3 de outubro de 2010 (en castelán).